Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 11/11/2020 20:59:53

Modificación no precalendario da Copa Galicia de Ciclocrós

A proba de Poio non poderá celebrarse por mor da pandemia

A Copa Galicia de Ciclocrós 2020 constará finalmente de seis probas. O precalendario deste certame autonómico someterase este domingo á aprobación da Asamblea Xeral da Federación Galega de Ciclismo logo de sufrir a baixa de última hora do Ciclocrós Poio Móvese, previsto para o 29 de novembro. A organización viuse obrigada a súa cancelación ao non recibir a autorización do concello debido ao número de casos da covid-19 rexistrados nesta localidade pontevedresa. 

A proposta completa de precalendario é a seguinte:

 

CICLOCROSS XAXANCX

21.11-XSM, C.C.- MARÍN

 

I CICLOCROSS CON DA ROMAIÑA

28.11-CORBELO, C.C.- SANXENXO

 

XXXIV TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO

06.12-BARBANZA, C.C.- BOIRO

 

XIX TROFEO DE CICLOCROSS COMPOSTELANO

08.12-COMPOSTELANO, C.C.- SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

IV TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DO PORRIÑO

19.12-AVANZA, A.D.- PORRIÑO

 

XIII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA

20.12-MACEDA, C.C.- MACEDA

FEDERACIÓN ANDALUZA DE CICLISMO
C/ Mar del Norte, 3 (Urb. Los Villares) - 11407 | Jerez de la Frontera (Cádiz)
Tel.: 956 34 88 12
fac@andaluciaciclismo.com

He tenido un accidente,
¿qué debo hacer?

- Soy Federado

- Tengo Carnet Ciclista