Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 24/06/2021 10:03:03

Os Mosqueteiros inauguran este domingo a Copa Galicia XCM 2021

O Maratón do Carballiño e Boborás dispútase sobre unha distancia de 65 quilómetros

O BTT Maratón regresa a Galicia. Despois de 16 meses sen desafíos polos montes da comunidade debido á pandemia, este domingo péchase esa paréntes coa proba organizada pola ADC Os Mosqueteiros no Carballiño. A cita ourensá marca o inicio da Copa de Galicia XCM 2021.

Máis de 300 bikers inscribíronse neste evento que alcanza a súa IX edición. A saída darase ás 09:30 e os participantes na primeira xornada do certame autonómico afrontarán unha distancia de 65 quilómetros percorrendo os concellos do Carballiño e Boborás. A ruta está catalagoda cunha dificultade media-alta.

O dorsal número 1, atendendo ao ranking galego do 2019, corresponde ao elite Javier Busto, que liderará á formación do Extol MTB Team. O conxunto do Deza será o equipo a bater e chega a O Carballiño unha semana despois de lograr cinco medallas na carreira do Open de España celebrada en Astorga. Na lista de inscritos, ademais da maioría dos mellores fondistas do XCM autonómico, tamén sobresae a presenza de destacados especialistas no XCO e de corredores do pelotón de estrada. 

Ao marxe da Copa de Galicia, Os Mosqueteiros ofrecen a opción dun medio maratón de 40 km. 

GALERÍA DE FOTOS

Os Mosqueteiros inauguran este domingo a Copa Galicia XCM 2021

FEDERACIÓN ANDALUZA DE CICLISMO
C/ Mar del Norte, 3 (Urb. Los Villares) - 11407 | Jerez de la Frontera (Cádiz)
Tel.: 956 34 88 12
fac@andaluciaciclismo.com

He tenido un accidente,
¿qué debo hacer?

- Soy Federado

- Tengo Carnet Ciclista